VIVENCIAS INESQUECIBLES
Crea e Educa
Dispoñemos dunha "amplísima oferta" e dun equipo formado por máis de 30 profesionais
Servizos
- Obradoiros
- Campamentos
- Actividades extraescolares
- Campañas educativas, culturais e programas de intervención social.

Deixa todo nas nosas mans e ¡Ven a coñecernos!
Unha das nosas especialidades é proxectar e implementar programas lúdico-educativos
Obradoiros
Facemos todo tipo de obradoiros para calqueira ocasión, e sí, ese que pensas que non se pode facer, tamén o facemos :)
Campamentos
Unha das nosas especialidades é proxectar e implementar programas lúdico-educativos para a conciliación. Propostas coidadas, creativas, que supoñan experiencias enriquecedoras e tempo de calidade para as rapazas e rapaces. Son xa 14 os anos que levamos realizándoas para diferentes Concellos, asociacións, centros comerciais e centros educativos.
Deixar unha pegada positiva en tódolas rapazas e rapaces participantes é o noso principal obxectivo, e ano tras ano seguimos traballando nel coa ilusión do primeiro día:)
Campamentos urbanos, campamentos con pernocta. Calqueira opción parécenos estupenda!
Actividades extraescolares
Axudar ás rapazas e rapazas a descobri-los seus talentos, vivir experiencias con nov@s compañeir@, reforzar positivamente, aprender, aprender e aprender disfrutando ...
Dispoñemos dunha amplísima oferta e dun equipo formado por máis de 30 profesionais, e seguimos creando propostas innovadoras. ¿Queres coñecelas?
Ver VídeoCampañas educativas, culturais e programas de intervención social.
Son tantos e tan variados os proxectos nos que traballamos, que poderiamos aburrirte:)
Soamentes imos deixarte unha pequena mostra.
MOCIDADE ACTIVA | Vídeo |